Sucesos
Sucesos
O "control" de Miñanco era tal que ata tiña información de coches policiais
20/11/2024 21:30
Declarouno un xefe da Policía Nacional no xuízo contra Prado Bugallo polo alixo de case catro toneladas de cocaína en 2017 e a ocultación de máis de 11 millóns
As familias de Paiporta esíxenlle ao Goberno valenciano a volta ás aulas con garantías
20/11/2024 20:48
Dos máis de 90 centros afectados pola DINA só 12 abriron de novo
Falece un operario no Porriño tras ser atropelado polo seu propio camión
20/11/2024 19:25
Un compañeiro avisou aos servizos de emerxencia, indicando que o condutor do camión fora atropelado polo seu vehículo e estaba atrapado entre este e o cargadoiro
Lituania vincula os dous españois detidos con campañas de sabotaxe rusas
20/11/2024 19:03
Atópanse detidos en Lituana recibindo asistencia consular
Conclúe o xuízo de Velle: "un criminal" para a acusación e "un enfermo" para a defensa
20/11/2024 16:14
Ambas as dúas acusacións piden penas de máis de 25 anos por un delito de asasinato consumado e outro en grao de tentativa
O debate principal e se sabía o que facía ou non era consciente polo seu problema de saúde mental
O xurado recibirá o obxecto de veredicto este xoves
Falece un home de 73 anos en Cenlle pola colisión entre un camión e un turismo
20/11/2024 15:03
O sinistro produciuse pasadas ás 13:00 horas na Autovía das Rías Baixas, A-52, á altura do quilómetro 241
Os veciños da zona cero da DINA perderon practicamente todos os seus coches
20/11/2024 14:45
137.600 coches foron arrasados pola auga
Na vila de Paiporta máis do 95 % dos vehículos están inoperativos
A Garda Civil investiga unha vaga de roubos no concello de Gondomar
20/11/2024 13:54
Os ladróns actuaron de madrugada en dúas empresas e nun campo de fútbol da localidade
No campo de fútbol das Gaiandas, os ladróns non levaron nada de valor pero causaron estragos nas instalacións
O xurado popular do caso de Samuel Luiz achégase ás 48 horas de deliberación
20/11/2024 13:48
Deben dirimir, amais da culpabilidade ou inocencia dos cinco acusados, o seu posible grao de implicación
A vivencia de galegos tras a DINA: "O máis duro foi ver a xente: estaban desorientados, perdidos"
20/11/2024 13:13
23 días despois das inundacións aínda queda moito traballo por facer