Veciños de Anxeris: “Cantos de Nadal e aguinaldo”

Gústame este video 0 1429
22 Decembro, 2006

Catro veciñas de Anxerís cantan en directo estas coplas que aprenderon na súa infancia. Cara ao final da actuación, unha das veciñas achégase ao público cun cesto para pedir o aguinaldo.

Santa Mariña de Anxeriz é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Tordoia.

No tempo de Nadal xúntase a doutrina relixiosa coa tradición oral, dando lugar á aparición
dunhas cantigas pagano-relixiosas cunhas estruturas características propias que chegaron ata
os nosos días co nome de “Cantos de Nadal”.

A estrutura destes cantares é a mesma para todos os tipos. Consta de tres partes:
O permiso, licenza ou presentación (petición de permiso para cantar)
O canto ou historia (romance narrativo)
A petición do aguinaldo que estaba formado, principalmente, por comida: ovos, touciño,
chourizos, biscoitos, viño, etc., e nalgúns casos tamén cartos.

Videos similares

Astarot: “Noite de paz”

0 1660 4 A versión “heavy do Morrazo” doutra panxoliña universal…

Tocadoras de Cerqueda: “Chotis, Xota e Muiñeira Ribeirana”

0 541 1 Na sección de recollidas de Mercedes Peón, tres veciñas da parroquia de San Cristovo de Cerqueda, no concello de Malpica

Golden Apple Quartet e Novel Voz: “Noche de paz”

0 837 1 Versión mixta a capella, a ritmo tradicional e cubano, da coñecida panxoliña.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*