Trébede: “Irei a Darbo”

Trébede naceu no 2011 na zona do Morrazo. Aquí representan un anaco da curtametraxe “Irei a Darbo”, en concreto unha xota recollida por Alan Lomax no 1952 na parroquia do Hío (Cangas) e unha muiñeira coreada recollida por Casto Sampedro na parroquia de Darbo a principios do século XX. Nesa escena vése unha romería na que adoitaban tocar os acordeonistas.

A figura do acordeonista desenvólvese en Galicia desde finais do século XIX, coa chegada do acordeón á península. Era un músico normalmente solitario que facía a festa el só, polo que saía barato e por iso os gaiteiros se queixaron de que contribuíu ao seu declive.

Os acordeóns foron en principio diatónicos (chamados de botóns) que dan unha escala diatónica e notas diferentes ao abrir e pechar o fol; máis tarde chegaron os acordeóns cromáticos ou acordeóns piano, que dan a mesma nota ao abrir e pecha o fol e que teñen un teclado coma o dun piano con teclas brancas e negras.

Videos similares

As incansables de Cangas: “Vila de Cangas”

0 1970 4 Este grupo de mulleres do Morrazo acadou moita sona a finais dos 80. Caracterizábanse polas letras reivindicativas das súas cancións, ainda

De Vacas

0 863 2 Entrevista musicada na que repasan algunhas das súas cancións máis coñecidas.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*