The Lákazans: “Midnight train story”

Gústame este video 0 841
13 Abril, 2018

Coñécenos como “a banda soul de Boiro”. Formáronse en 2012 e en abril de 2018 presentan o seu terceiro disco: “Sandwina’. Un traballo que afonda máis nos sons da música americana: rockabilly, country, soul e swing.
O nome do disco débese á figura de Kate Brumbwach, ou Katie Sandwina, unha vienesa do século XIX dedicada ao mundo do circo que se converteu na muller máis forte do mundo. Kate retou ao pai do culturismo, Eugene Sandow, e venceuno: ela conseguíu levantar un peso de 136 quilos por riba da súa cabeza, mentres que Sandow só o puido levantar ata o peito. Foi entón cando Kate adoptou o alcume de “Sandwina”. Esa forza e empoderamento real da muller é o que The Lakazans tamén quere transmitir, daí o título do disco.

Videos similares

Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia: “Polavila de Gulpilleiras”

0 1928 5 ¿Que é unha polavila? ¿Como é o traxe dos que participan nela? Primeiro atendemos á explicación e despois desfrutamos co

Trazantes de Tenorio: “Polca e muiñeira de Leira”

0 1077 2 En Tenorio, no val do Lérez, os “trazantes” son as persoas con habilidade e inxenio para acometer os máis variados

Xosé Lois Romero e Aliboria: “Mangüeiro”

0 1464 1 Aliboria é un colectivo de novos músicos galegos, dirixidos por Xosé Lois Romero. Ofrecen os cantos e ritmos enxebres de Galicia cuns novos

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*