SondeSeu: “O mandil”
Sondeseu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe E-Trad, de Vigo. Foi a primeira orquestra de música folc contemporánea de Europa, composta por medio cento de músicos. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia arranxados especialmente polos seus compoñentes, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.
“O Mandil” é un tema tradicional, interpretado no seu día por Berrogüetto, arranxado especialmente para a orquestra polo seu autor: Quico Comesaña.
Galantiños do Torreiro de Donaire: “Muiñeira de Vilamaior”
0 714 1 Galantiños do Torreiro é un dos grupos de baile da Asociación Cultural Donaire, da Coruña. Teñen entre 8 e 10Varalonga: “O que non chora non mama”
0 1013 5 Varalonga é o nome dun área recreativa de Cangas do Morrazo e tamén o que tomaron os antigos membros doJuan Pardo: “Caballo de batalla”
0 962 1 “Caballo de batalla” foi o nome do disco dobre que Juan Pardo editou en 1983Non hai comentarios
