Regueifesta: cinco regueifeiras e Vintenbaio con “A regueifa está na mesa”

Un bloque especial regueifa dentro de Luar no que se van sucedendo imaxes do pasado, entrevistas, regueifa e música tradicional para presentar o Proxecto Regueifesta, que ten como obxectivo recuperar a regueifa entre a xente nova.

 

1. Gayoso lembra unha representación da regueifa tradicional dos veciños de Negreira de Vilamaior, Santa Comba, no ano 1996, dentro da sección de etnografía de Mercedes Peón.

2. Recordatorio dos regueifeiros retirados que foron visitando o programa dende 1992:  Guillerme de Rabadeira, Fermín de Feiranova, Calviño de Tallo, Costa de Saviña, Fermín de Feiranova e O Atrevido de Grixoa.

3. Gayoso fala con Vicente Amosa do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces; Aitor do IES Maximino Romero de Lema de Baio, Lidia do IES Santo Tomé de Vigo e a cantautora Alba María sobre o rexurdimento da regueifa co Proxecto Regueifesta.

4. Un grupo de cinco rapazas novas daRegueifesta regueifan en directo. ALBA MARÍA, SARA MARCHENA, ESTHER PORRIT, NOA GUZMAN, NURIA PENAS

5. A Banda de Gaitas “VintenBaio”, do IES Maximino Romero de Lema, irrompe desfilando e interpreta “A regueifa está na mesa”

Sitio da Regueifesta

Videos similares

Veciños de Santa Xuliana

0 1499 3 Mercedes Peón preséntanos aos veciños da parroquia de Santa Xuliana, no Concello da Fonsagrada, que preservaron os bailes auténticos do

Agrupación Pasiño a Pasiño: “Danza de zapateiros de Betanzos”

0 2671 5 Na sección de recollida de Mercedes Peón coñecemos esta danza do gremio dos zapateiros que data de 1392 e que se

Luis Caruncho e Armadanzas de Laraño: “Romance de cego” e “Muiñeira de Vilamaior”

0 2409 9 Luis Caruncho canta un romance de cego dos de antano e, a continuación, a agrupación Armadanzas de Laraño baila nunha

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*