Rebulir EBMT: “Os primeiros amores”
A agrupación Rebulir representa unha escea de principios do século XX. Naqueles tempos, o baile era o lugar onde se moceaba, e por iso rapaces e rapazas querían aprender a bailar. O neno da representación, despois de escoitar como se coñeceran e namoraran seus pais, pídelle ao pai que lle ensine uns puntos para namorar a unha moza. Cos seus puntos aprendidos vaise para a praza para botar unhas bailas.
A peza foi recollida na parroquia de Xirazga, en Beariz. Beariz é unha zona que se caracteriza porque se bailaba en roda, non se facían filas nin tablóns e as mulleres sempre bailan de costas. Os traxes que levan son de cotío, o traxe que se empregaba todos os días.
Cantareiras O Fiadeiro: “Jota das Labradas de Cortellas”
0 4350 12 Actuación do 1 de novembro de 1996Os Coribantes de Buchabade: “A viúva alegre”
0 1144 1 “Coribantes” é un nome de orixe grega. Na sua mitoloxía eran pequenos bailaríns e músicos que celebraban polas rúas oGrupo de música e bailes tradicionais Xacarandaina: “Muiñeira de Anxeriz”
0 5306 10 31 de decembro de 2013Non hai comentarios
