Real Coro Toxos e Froles: “Foliada do Rueiro”

Gústame este video 0 887
26 Xaneiro, 2018

Este coro naceu oficialmente 0 30 de xaneiro de 1915.  A súa primeira actuación foi no Teatro Jofre de Ferrol, o 29 de maio do mesmo ano, baixo a dirección de Lorenzo Barja. O 8 de agosto de 1915 este coro interpretou por vez primeira o Himno Galego, xunto coa Coral “El Eco”, de A Coruña, ó rematar un concerto benéfico na cidade herculina.

Nun principio, a entidade estaba formada exclusivamente por homes. O 6 de Decembro de 1920 foi a primeira actuación do Coro na que se incorporaron voces de mulleres.

“Toxos e Froles” ostenta o título de “Real” dende o 1 de febreiro de 1928, outorgado polo Rei Alfonso XIII, despois de que a colectividade actuara ante os monarcas no pazo dos Duques da Conquista.

Videos similares

Mitic Espectáculo: “Living on a prayer”

0 3563 5 Quen lles ía dicir aos Bon Jovi que un dos seus meirandes éxitos acabaría soando a ritmo de gaita! Esta

Triángulo de Amor Bizarro: “A cantiga de Juan C”

0 3216 2 A primeira visita dos Triángulo de Amor Bizarro ó Luar foi un día de San Xoán de 2016. Escolleron unha

Pili Pampín e Sabela: “Lady Marmalade”

0 1791 1 As nosas divas da canción galega atrevéronse con esta versión da cantante Labelle, de 1975, que volveu popularizar Christina Aguilera para a

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*