Rancho de Reis de Guláns: “Danza dos arquiños”
Pablo Carpintero e Rosa Sánchez presentan o Rancho de Reis de Guláns.
Nos concellos do Sur de Pontevedra existía a tradición de formar Ranchos de Reis, conxuntos de rapaces e rapazas que xunto cun gaiteiro ían a pedir o aguinaldo e cantar. Tiñan a peculiaridade de que, ademais de cantar as panxoliñas, bailaban danzas (normalmente cada rancho tiña varias: de arcos, de castañolas e de fitas entrenzadas). Estas danzas non só se executaban nas casas para solicitar o aguinaldo, senón que participaban nas festas oficiais, é dicir, á saída da igrexa nas celebracións de Nadal. Os Ranchos de Reis só se conservaron nos concellos de Ponteareas (parroquias de Fózara, Guláns, Pías e Cortellas) e Mondariz.
Lucía Pérez: “A festa do belén”
0 3280 3 Unha panxoliña composta por Chema Purón, inspirada na nenez e os beléns do Nadal.Al Bano e Cristina Pato: “Blanca Natale” e “Ave María”
0 1746 5 Unha das panxoliñas máis cantadas en todo o mundo, seguida dun anaco do “Ave María” de Bach / Gounod.Cuarteto Os de Queixas: “Xota e pasodoble”
0 2049 4 Mercedes Peón presenta a este cuarteto tradicional que vén do Concello de Cerceda e explica que “fan o folck deNon hai comentarios
