Pandereteiras Flor do Toxo e Grupo Vila do Orcellón: “Serán en Avión”

Vemos unha recreación dun serán en Rodeiro (Avión) nos anos 50-60, anos de mocidade das pandereteiras Flor do Toxo que actúan, que teñen entre 70 e 85 anos e que son testemuño vivo daquela época. Naquel tempo todos os domingos se xuntaban as mozas e mozos para cantar, tocar e facer “o baile”, ao xeito de serán.

Cantar ao estilo dalí, un dos poucos lugares de Galicia onde a tradición de tocar a lata se conservou moi ben. Tamén teñen unha peculiaridade no toque da pandeireta que consiste no denominado “toque empuñado con rebote”. En canto aos bailes, a cargo do grupo Vila do Orcellón (O Carballiño), tamén hai que destacar que naquela zona sempre son en roda e nunca en fila.

Videos similares

Banda Cultural de Salceda e Suso Vaamonde: “Valse de Pazos de Merexo e Muiñeira da Chaparra”

0 3147 2 O proxecto de colaboración da banda de Salceda con Suso Vaamonde xurdiu da man do seu director, Juan Lois Diegueza.

Los Piratas: “Promesas que no valen nada”

0 1702 0 Outro dos éxitos da banda viguesa, publicado por primeira vez no disco “Poligamia” (1995)

Chouteira: “O Bolero”

0 2211 2 Unha canción do seu disco “Chouteira” (1995)

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*