Orquestra O Fiadeiro: “Fox número 1 e Muiñeira de Santa Comba”

Gústame este video 0 84
20 Xullo, 2018

O Orquestra O Fiadeiro representa unha verbena dos anos 20-40, homenaxe a unha famosa orquestiña: Os Padernes do Courel.

Esta orquestiña formouse na aldea de Paderne, no Courel. Desta pequena aldea, entre os anos 14 e 84 do século pasado, sairon máis de 30 músicos. Algúns deles emigraron fóra e foron recoñecidos como grandes intérpretes en Madrid ou Barcelona, caso de José María de Gaiteiros ou Avelino de Ribeira que foi un dos mellores trompetistas de Barcelona. “Os Padernes” funcionaron basicamente nos anos 50, 60 e primeiros 70. Os seus compoñentes máis coñecidos foron Manuel (saxo e clarinete), Antoño (trompeta) e Jaime (bateria), os tres irmáns da casa de Gaiteiros de Paderne; Chelo (trompeta e voz) da casa de Rodrigo, Domingo (trombón) da casa de Ribeira, e Gerardo (saxo) da Ferrería Vella.

Esta formación de seis musicos tiña unha calidade musical asombrosa, facendo que a xente, ademais de bailar, quedara escoitando e mirando en silencio. Aqueles músicos formaban algo parecido a unha “big band”, con instrumentos de vento modernos, tocando pezas modernas que se escoitaban nas radios de todo o mundo, e tamén algunha composición propia. Ensaiaban no inverno e polas noites, seguindo partituras que lles chegaban desde Madrid, compatibilizaban a Orquesta e todo o que supoñía cos traballos típicos das casas labregas das aldeas. Tocaban ben, eran novos e ben parecidos, polo que ademais de innovar no terreno musical xeraron o que hoxe chamariamos un “fenómeno fan”.

Videos similares

As Punkiereteiras: “Canto feminista”

0 4212 6 “O que empezou sendo un obradoiro de pandeireta e canto tradicional que se levaba a cabo no CSA O Fresco

Os Melidaos: “Muiñeira coreada de Carragueiros”

0 71 1 Os Melidaos naceron no ano 2001 en Melide. Levan 3 discos publicados e a finais de 2018 sairá o cuarto.

Foliada de Vilarello

0 234 0 Mercedes Peón presenta aos veciños e veciñas de Vilarello, Cervantes. Tocan e bailan diferentes pezas, reproducindo as foliadas desta zona.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*