Nove Ferreñas e charanga Vai de Roda: “Romaría en Barcala”

Gústame este video 0 749
29 Xuño, 2018

A “Romería en Barcala” foi recollida na parroquia do Cotón (concello de Negreira) no ano 2003. Con esta peza Vai de Roda representa os bailes de sociedade que se facían antigamente no casino do pobo, O Cotón, coincidindo cos cambios de estación (Nadal, primavera, San Xoán…) e que tiñan sona en todo O Val de Barcala. O Cotón é o nome do pobo que hoxe en día se coñece por Negreira. De feito, Negreira é o nome da aldea da parroquia que está a un kilómetro de O Cotón, separada polo río Barcala.

O nome “Nove Ferreñas” fai referencia ao número de ferreñas pareadas que ten unha pandeireta galega. O seu profesor de baile, Dani Pereiras, fundou a asociación Vai de Roda no ano 2004 e leva dándolles clase dende que se iniciaron no baile. Dani traballa na Comunidade Valenciana e regresa a Galicia todas as fins de semana a dar clase de baile en Vai de Roda e marcha de novo para alá.

Videos similares

Mercedes Peón: “Isué”

0 1048 1 A canción que dá nome ó primeiro disco en solitario de Mercedes Peón (“Isué”, 2000)

Festicultores: “A cabra macabra”

0 996 0 Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia, a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Banda de gaitas Os Rexumeiros: “Muiñeira e polca”

0 1128 3 Entre os músicos desta banda dos barrios coruñeses dos Castros e Elviña podemos ver a unha noviña Susana Seivane Actuación

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*