Montaraces y Charros de Salamanca
Este grupo naceu 1984 e dedícase a recuperar e investigar o folclore e os traxes salmantinos. Nesta actuación presentan un canto e tres anacos de bailes diferentes da provincia:
1. “Ronda de Peñaparda”. Da zona do Rebollar, sur de Salamanca, xunto a Extremadura e Portugal, reflexa o Camiño da Prata con ritmos de pandeiro que acompañan o espíritu do canto dunha ronda
2. “Jota de Villavieja de Yeltes y Charro Salteao”. No noroeste da provincia as mulleres bailan esta jota diante da Virxe de Nuestra Señora de los Caballeros despois de trenzar o Cordón e a modo de rogativa de chuvia. No Charro os hombres danzan mostrando o seu equilibrio e elegancia coas notas que tocan a gaita e o tamboril.
3. “Baile de la manzana o la espiga”. A moza coa mazá baila co galán que máis lle gustaba. Os mozos poñíanlle moedas na mazá a xeito de espiga de voda ou tirábanas ao chan; e segundo se agachara a novia a recollelas, sabían se estaba embarazada ou non.
4. “Baile de la Botella”. Este baile é unha proba de destreza e habilidade para os homes, que ante la ollada das mozas, a ritmo de fandango, xogan a sortear entre as pernas una botella colocada no chan, tentando non tirala.
Sa Colla de Vila
0 2336 0 Este grupo naceu en 1989 nun obradoiro de folclore do concello de Eivissa. O baile tradicional da illa ten dousBenito Cabrera: “Isa en fa”
0 2438 0 Considerado un dos mellores intérpretes de timple do mundo, Benito Cabrera renovou a música tradicional canaria fusionándoa con elementos daBanda de Gaitas Os Castros de Taramundi: “Muliñeira de Tormaleo”
0 1653 2 A banda asturiana ofrécenos un ritmo de “muliñeira” orixinario de Tormadelo. Comezan a súa actuación desfilando.Non hai comentarios
