Manuel Gómez, Xermán Vázquez e A Regionalista: “Marina”
Manuel Gómez (95 anos) e Xermán Vázquez (80 anos) son dous grandes músicos que, alá polos anos 50, foron rivais. Por un lado, Manuel, percusionista, foi membro co-fundador dos “Enxebres de Cacheiras”. Xermán, gaiteiro, formou parte do sexteto Hnos. Lamas de Cornide (Teo).
Aínda que a charanga dos Lamas e o cuarteto dos Enxebres desputaban as mesmas festas, non había problema entre eles máis alá da rivalidade musical que sempre existiu. Estes dous conxuntos coincidiron tocando en grandes festas coma o Apóstolo, a Ascensión, o Santiaguiño, María Pita …
Con esta unión, acompañada coreográficamente pola agrupación teense A Regionalista, simbolizamos que a música une a través dos anos e, ao tempo, rendemos tributo a dous dos grandes conxuntos de gaita da bisbarra de Compostela. O tema “Marina” foi popularizado nos anos cincuenta e báilase como faría a xuventude nun baile calquera.
Cristina Pato: “Mundos Celtas”
0 1493 1 A nosa gaiteira máis internacional e o acordeonista Roberto Comesaña. Non precisan máis para soar así de espectaculares.Grupo A da AC Retranqueiros: “Xota de Gargamala e añas de Queimadelo”
0 1505 2 A Asociación Cultural Retranqueiros naceu en 2015 en Ames, xuntando artistas con experiencia noutras formacións da provincia. A ela pertenceAl Bano e Rosa Cedrón: “Negra sombra”
0 3662 5 O italiano e a galega cantaron esta versión do poema de Rosalía o 11 de xaneiro de 2013Non hai comentarios
