Luis Caruncho e Armadanzas de Laraño: “Romance de cego” e “Muiñeira de Vilamaior”

Gústame este video 0 688
20 Abril, 2018

Luis Caruncho canta un romance de cego dos de antano e, a continuación, a agrupación Armadanzas de Laraño baila nunha escenografía que representa unha feira.

Os romances compoñíanos os propios cegos en base a sucesos que acontecían (moitas veces crimes ou historias sobre monstruos) e mandábanos imprimir para vendelos. Os panfletiños pendurábanos duns cordeis e por iso se acabaron por chamar pregos de cordel ou romaces de cordel. Na época os cegos e cegas eran os que daban as novas como hoxe os xornais e vivían diso, algúns moi ben. De feito, había confrarías de cegos, pois era un oficio ben remunerado xa que a xente sempre estaba ansiosa de novas; ademais estes cegos eran normalmente bos tocadores e xograres que eran quen de divertir ao pobo e montar un baile. Así que o concepto de cego mendigo non é real.  Os cegos e cegas tocaban historicamente a zanfona, ainda que tamén o violín ou o acordeón.

Videos similares

Pili Pampín: “Pasodoble galego”

0 1085 4 Este foi un dos primeiros éxitos dunha novísima Pili Pampín, que nesta actuación acababa de edita-lo seu primeiro disco.o

Manuel Viqueira

0 888 1 Manuel Viqueira Vieites, O Gaiteiro de Vilaverde, naceu en Ordes o 7 de setembro do 1929. Foi o fundador do

Xestreu: “O muíño”

0 937 3 A canción que encarna o lema deste grupo ourensán: “Non me toques a saia”.  

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*