Julio Vázquez Carril e grupo O Brinquelo
Pablo Carpintero preséntanos a Julio Vázquez Carril (1936), gaiteiro de Maroxo (Arzúa). Julio naceu nunha familia de músicos. Seu pai tocaba o bombo e súa nai, Dolores Carril, era irmá do pai de Basilio Carril, Ramón, ámbolos dous gaiteiros e artesáns. Basilio Carril (1914-1974) foi parella de Mallou durante toda a vida, e foi el o que inventou a gaita moderna que despois Seivane e Antón Corral seguiron mellorando.
Como moitos gaiteiros, Julio aprendeu a tocar coas gaitas de alcacén e aos catorce anos xa foi a facer o primeiro foliote. Tocou en moitas festas e tivo un grupo co seu irmán, pero despois de casar deixou de tocar e non voltou a facelo ata que no seu sesenta cumpleanos os fillos regaláronlle unha gaita. Julio conserva a dixitación antiga e característica desta zona, o tocar pechado. As gaitas de Arzúa e Terra de Melide, as chamadas “gaitas de catro voces”, teñen catro cousas que soan (roncón, grileiro, ronquilla e punteiro) e só aparecen nesta zona en toda Galicia.
Pablo Carpintero presenta a Mario Mato, tocador de folla de hedra
0 1470 2 Pablo Carpintero trae á súa sección sobre instrumentos musicais feitos con elementos da Natureza “o mellor tocador de folla de Galicia”,Veciños de Anxeris: “Cantos de Nadal e aguinaldo”
0 1777 6 Catro veciñas de Anxerís cantan en directo estas coplas que aprenderon na súa infancia. Cara ao final da actuación, unhaBailadores de Cervantes: “Jota e muiñeira”
0 4230 8 “Onde está Coea, aumenta a marea”. Así se presenta o acordeonista Justo Suárez, “o Coea”, nado nese lugar da parroquia deNon hai comentarios
