Gelría: “Zocas”

Na vérpera do día das Letras Galegas 2016 gozamos con este poema musicado de Manuel María.

Gelria é un grupo de música galega, pero creado entre Barcelona e Holanda. De feito, a cantante, Elena Tarrats, é catalana e non ten raíces na nosa terra. Completan o trío Federico Mosquera (piano) e Mario G. Cortizo (percusión).

“Zocas” pertence ao disco Cantos de Poeta (2016) : o primeiro traballo discográfico de Gelria. Consiste nunha antoloxía con catorce poemas da lírica galega  editado en formato libro-CD.

Gelría era o nombre do buque holandés no que o poeta rianxeiro Manuel Antonio estivo embarcado nas súas  viaxes a América.

Videos similares

AMDT Queiroa: “Jota e muiñeira de Pol”

0 143 1 A asociación de música e danza tradicional Queiroa xurdiu en novembro de 2002 froito da iniciativa dun grupo de nais

Os Rexumeiros: “Alborada e muiñeira”

0 859 0 Esta foi a primeira vez que Susana Seivane pisou o escenario de Luar, coa banda de gaitas da asociación de

Banda de Música de San Xoan de Calo: “Panxoliño”

0 903 0 A Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo naceu no ano 1961. As primeiras clases de solfexo

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*