Fuxan os Ventos: “Galicia”

Fuxan os ventos fainos un agasallo especial para o día das Letras Galegas de 2016 estreando este poema musicado de Manuel María.

“Galicia” pertence ao libro de poemas “Os soños na Gaiola”, publicado en 1968 por Manuel María Fernández Teixeiro, o poeta da Terra Chá.

Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!

Videos similares

Víctor Manuel e Faltriqueira: “Neptuno”

0 958 2 Colaboración de Víctor Manuel co grupo eumés de cantareiras Faltriqueira  

Aid: “Apréndeo”

0 896 0 A rapeira galega foi a imaxe da campaña de Televisión de Galicia na campaña “Servizo público a calquera hora” para

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*