Fermín de Coristanco e Calviño de Tallo, regueifeiros
Mercedes Peón presenta por segunda vez aos regueifeiros de Bergantiños. Neste caso son Fermín de Coristanco e Calviño de Tallo. Fermín xa visitara o Luar oito meses atrás (o 30 de abril de 1993) e protagonizara un momento simpático ao negarse a abandonar o escenario, a pesar dos intentos de Gayoso. Neste caso acontecerá o mesmo (08:00).
Na súa presentación, Peón asegura que os regueifeiros son uns xenios da improvisación e explica que a regueifa era unha defensa dos noivos que se facía no convite nupcial. O que se contaba que fose o mellor regueifeiro comía cos noivos e outro regueifeiro de fóra poñíase na porta tamén a regueifar. Había unha riña, un combate dialçectico que duraba horas, xa que gañaba aquel que botase a última copla. Nas vodas, o premio era un bolo de pan, que tamén se chamaba “regueifa”. Mercedes Peón puntualiza tamén que esta tradición está perdida e que regueifa só se conserva xa como espectáculo. O premio nesta zona de Berbantiños é unha boneca de tómbola.
(03:37) Regueifan
Bombos de Lavacolhos
0 2883 1 Non se sabe que antigüidade ten esta manifestación, máximo expoñente cultural deste pobo que se transmitíu de xeración en xeración,Xosé e Víctor explican a linguaxe das campás
0 1353 1 Pablo Carpintero e Rosa trouxeron a este avó e ó seu neto, campaneiros os dous.Concha de Luneda: cantigas
0 4972 6 Concha de Luneda canta varias cantigas populares en directo e a capella, entre elas “O Cantar do Arrieiro” e “AsNon hai comentarios
