Escuela Bolera de Fuente Álamo: “Malagueña de tres”
Pablo Carpintero e Rosa Sánchez preséntannos á Escola Bolera de Fuente Álamo, a única que leva 150 anos de transmisión ininterrumpida da rama popular do estilo bolero. En 2017 foi catalogada como ben Inmaterial da Comunidade de Murcia.
As orixes da Escola Bolera remóntanse ao século XVI, cando Felipe V estableceu tres academias de baile en España, en Cádiz, Cartagena e Madrid. Nelas ensinábanse os bailes de moda e outros máis populares de distintas partes da península. A mediados do século XVII andaban por toda España mestres de ensinar bailes con coreografías e músicas moi ben definidas como a Gallarda, Españoleta, Vacas, Seguidillas Manchegas, Folías de España, Folías Gallegas, Jota, Fandango, Tarantelas, Gaitas e un longo etcétera. Destes mestres do século XVII é de onde deriva a Escola Bolera que recolle as coreografías dos bailes máis importantes citados ao longo do séculos XVII aoXIX.
Non hai documentos que demostren que en Galicia houbese academias de Escola Bolera, pero hai moitas evidencias que relacionan certas formas do baile galego con pasos característicos desta escola, como algúns pasos da muiñeira vella que son idénticos aos “destaques”, “cunas”, “embotados”, “estés” ou “pas de bourrée” da Escola Bolera, por non falar dos zapateados, as castañolas, a gracia e a complicación de moitos dos nosos pasos.
Oskorri: “Topa Daggun”
0 2562 0 O grupo de Bilbao canta este tema en euskera titulado “Brindemos”, no que fala de vivir en paz. A canciónAgrupación Folklórica Tinixara: “El capotín”
0 2624 0 Actuación do 21 de outubro de 2005Camerata Cervantina: “Seguidillas boleras a Quero”
0 1728 3 Estes oito rapaces e rapazas de Alcázar de San Juan (Cidade Real) defínense como un grupo de música tradicional daNon hai comentarios
