Eladio y los Seres Queridos: “Carlota se fue”

O grupo vigués volveu gañar en 2018 o Premio Martin Códax da Música Galega, na categoría indie/pop, un galardón que xa levaran en 2013.

Con máis de 12 anos de carreira, en 2018 promocionan o seu quinto disco, “Historias de Caza”. Un traballo autoeditado, gravado na casa de Eladio, con sons que se colaron e axudaron a darlle esa forma. Todo pola necesidade de conciliar música e familia:

“Necesitabamos facer un disco moi humano. Hai unha cousa moi pragmática que seguro que afectou, e é que somos tres pais de tres nenas e dous nenos pequenos. Irnos tres semanas a un estudo é unha lea que preferimos reservar para as xiras. Os nenos poden estar no salón mentres ensaiamos e gravamos, podemos levalos e traelos ao colexio, manter a rutina, traballar… E logo podo retocar esas gravacións todas as noites e, inevitablemente, identificámonos máis co resultado; soa caseiro, pero ten moita vida e moito amor.”

 

Videos similares

Antonio Barros: “Cabalo de batalla”

0 363 3 “Caballo de batalla” (1983) foi un dos discos máis vendidos de Juan Pardo. Esta é a canción que lle dá

Tania Fuegho: “A fala – Falade galego”

0 923 1 Juan Pardo incluíu esta canción no disco “Miña nai dos dous mares” (1976). Son dous poemas de Eduardo Pondal recollidos

Maite: “Por qué me tés bicado”

0 358 9 No disco “Desde dentro” (1983) de Rocío Jurado aparecía “Por qué me habrás besado”, canción composta por Juan Pardo e

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*