Coro Cantigas e Agarimos: “Foliada d’A morte do gaiteiro”

Gústame este video 0 614
29 Xuño, 2018

Este coro, fundado en Santiago en 1921, presentou un disco inédito, “O corazón aberto” (2018), 40 anos despois do anterior. O nome vén dun verso do poema “En pé” de Ramón Cabanillas dedicado a Luis Porteiro Garea. Porteiro foi fundador das Irmandades da Fala en Santiago de Compostela e tamén do coro “Queixumes dos Pinos”, xermolo do Coro de Cantigas.

A “Foliada d´A morte do gaiteiro” foi preparada para coro, gaita e orquesta para a escenificación do poema sinfónico de Ramón Cabanillas “A morte do gaiteiro” que a A. F. “Aturuxo” de Coruña, a Banda Municipal da cidade e o Coro Cantigas e Agarimos puxeron en escena na vella praza de touros da Coruña en 1964.

Videos similares

Astarot “A Santiago vou”

0 939 0 O grupo heavy do Morrazo interpreta esta versión roqueira do tema dos Tamara.   Astarot na Heavypedia

Lamatumbá: “Muiñeira”

0 507 0 O grupo Lamatumbá naceu en 1998 en San Pedro de Moreiras, Ourense e sufriron unha “separación temporal” en 2012.

Veciños de Rodeiro: “Jota e muiñeira de Rodeiro”

0 316 1 Mercedes Peón presenta aos veciños de Rodeiro, un lugar co Concello de Avión, e explica que traen “folclore puro e

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*