Cántigas da Terra: “Mariñeiro de Caión”
Un dos coros galegos máis senlleiros: formouse na Coruña o 28 de decembro de 1916 e debutou ante o público o 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Ao principio estivo formado unicamente por homes.
O coro foi fundado co gallo de recuperar e espallar a música e a cultura galegas. O seu repertorio conta con máis de setecentas partituras, entre alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cántigas de berce, cantares de arrieiro e de desafío ou alboradas.
Desta volta acoderon ao programa para celebra-lo seu centenario, despois de repasar previamente a súa traxectoria.
AC Retranqueiros de Ames: “Jota de Seaia”
2 3094 6 A asociación cultural Retranqueiros naceu en 2015 no concello coruñés de Ames. A “Jota de Seaia” é unha peza recollidaA Regionalista e Manuel Gómez: “Pasodoble de Cacheiras”
0 2707 6 Unha historia que comezou cunha fotografía antiga subida á páxina de Facebook da agrupación A Regionalista. Un home desde aAgrupación Rosalía de Castro: “Muiñeira de Avicedo”
0 1777 1 A Agrupación Folclórica Rosalía de Castro visita por primeira vez o programa e interpreta un ritmo de muiñeira. A asociaciónNon hai comentarios
