Bombos de Lavacolhos
Non se sabe que antigüidade ten esta manifestación, máximo expoñente cultural deste pobo que se transmitíu de xeración en xeración, pero eles din que significa a forza e a garra da loita do home contra a natureza. Esta é unha tradición do centro de Portugal que só se conserva en tres aldeas: Lavacolhos, Souto da Casa e Silvares, as tres pertencentes á Serra da Garduña, no concelho do Fundão, distrito de Castelo Branco, moi preto de Extremadura. Pola Santa Lucía os grupos de bombos reúnense na aldea do mesmo nome para facer unha xuntanza. Ademáis, os grupos saen en todas as festividades do ano e percorren Portugal de norte a sur.
Estes bombos están construídos dun xeito especial, pois as peles conservan o pelo, e o xeito de trenzar a corda é único na península. Van acompañados por tambores e por unha persoa que toca unha frauta, e ao mesmo tempo cantan.
Veciños de Verdillo: “Foliada de Verdillo”
2 2609 15 Na sección de Mercedes Peón, e da man de María e do resto de veciños de Verdillo, coñecemos tres bailesRancho de Reis de Guláns: “Danza dos arquiños”
0 1770 1 Pablo Carpintero e Rosa Sánchez presentan o Rancho de Reis de Guláns. Nos concellos do Sur de Pontevedra existía aVeciñas de Lema: “Pandeiretada de Lema”
0 1480 2 Mercedes Peón presenta un grupo de mulleres do lugar de Lema, Concello de Carballo. Peón explica que neste baile podemosNon hai comentarios
