Batalla de mouros e cristiáns da Romaría da Saínza
No programa de entroido, Mercedes Peón achegounos esta tradición que se conserva en Rairiz de Veiga. Esta localidade ourensá é o único lugar de Galicia onde, segundo explica a nosa experta en recolleitas, pervive a recreación dunha batalla entre mouros e cristiáns.
O que vemos é unha pequena mostra da batalla que se celebra durante a tradicional Romaría da Saínza, unha festa declarada na actualidade de Interese Turístico Galego e que cada ano atrae milleiros de visitantes a esta aldea limiá. Na mesma, unhas 60 persoas recrean o conflito histórico que data de 1840, cando un cristián que se atopaba en perigo de morte durante a batalla pediu auxilio á virxe da Mercé e vió cumprida a súa petición. Os veciños de Rairiz festexan deste xeito ano tras ano á súa virxe.
Veciños de Bardaos: “Barbeiros”
0 1601 13 Unha Mercedes Peón disfrazada de paiasa presenta a dous veciños de Bardaos, Tordoia. Peón explica que van facer “unha entroidadaCírculo Cultural de Torroso “Muiñeira de Rubiós”
0 1231 1 O Círculo Cultural e Recreativo de Torroso, Mos, ofrécenos a “Muiñeira de Rubiós”.Jambrina y Madrid: “Letanía”
0 1061 0 O dúo de música tradicional formado por Alberto Jambrina e Pablo Madrid interpreta un tema che de picardía e dobresNon hai comentarios
