Banda de música Airiños do Morrazo e Lembranzas da Ría: “Festa na vila”

A asociación cultural Lembranzas da Ría naceu en Cangas no ano 1984. Vemos un fragmento do espectáculo “Festa na Vila”, que combina música, baile e teatro. Lembranzas da Ría estreouno en 2016 coa colaboración da Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña e a Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas.

“Festa na Vila” mostra o baile tradicional das romarías amenizadas por bandas de música. Un percorrido desde principios até mediados do século XX, onde se pretende amosar o baile por distintas comarcas: Ancares, Xallas, Fonsagrada, Carballo, Deza, Tabeirós, Ponteareas, Mondariz, Carballiño… As bandas de música tiñan un papel moi importante dentro da nosa tradición. Ainda que o instrumento máis representativo da música tradicional é a gaita, moitas bandas adaptaron melodías e cantos populares aprendidos de xente da aldea para facer as súas obras. Moitas festas e romarías foron amenizadas por bandas de música e gaiteiros, onde a xente bailaba e namoraba.
Esta escea do espectáculo, onde se baila un Bolero, representa a separación dunha parella debido á emigración. Despois báilase unha Muiñeira da comarca de Xallas ao son da Banda de Música, que interpreta “Maruxiña”, de Antonio Amigo.

Videos similares

Luis Caruncho e Armadanzas de Laraño: “Romance de cego” e “Muiñeira de Vilamaior”

0 2143 9 Luis Caruncho canta un romance de cego dos de antano e, a continuación, a agrupación Armadanzas de Laraño baila nunha

Heredeiros da Crus: “Vaiche boa”

0 2824 2 Actuación do 27 de febreiro de 1998

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*