Banda de gaitas de San Xoán de Paramos: “Foliada para Olivia”

A banda de gaitas San Xoán de Paramos naceu en maio de 2007 no Centro Cultural Laxes, en Tui. A súa primeira actuación foi en decembro de 2008 e o seu primeiro CD chegou nove anos despois. É unha banda moi familiar, onde tocan xuntas varias xeracións. O seu repertorio é fundamentalmente música galega, ainda que tamén inclúe portuguesa ou, como neste caso, pezas de autoría propia. A
“Foliada para Olivia” foi composta por José Manuel Caballero, o propio director, dedicada a unha das fundadoras da banda.

Paramos acadou sona en maio de 2018 trala explosión na parroquia dun almacén de pirotecnia ilegal que ocasionou dous mortos e cuantiosos danos materiais. Entre os membros da banda houbo varios afectados.

Videos similares

Os Diplomáticos do Acordeón: “Foliada de Cachafeiro”

0 2948 2 Os membros deste grupo criáronse na Terra de Montes, desde Soutelo ata Forcarei, unha bisbarra famosa polos seus gaiteiros pero

Los Piratas: “Años 80”

0 1969 2 Esta canción publicouse no disco “Ultrasónica” da banda viguesa.

Killer Barbies: “Soy mala”

0 1702 1 Do disco da banda viguesa “Sin is In”, de 2003

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*