Asociación Mestre Manuel Gacio: “Labrada en Toutón”
Esta peza foi recollida en Toutón, Mondariz.
Ao chegar o mes de abril, tocaba labrar a veiga, un traballo que se levaba mellor cantando, bailando e brincando. Coas labradas botábanse días, posto que os veciños se axudaban entre sí, indo de cada vez para a leira dun diferente.
As labradas eran toda unha festa: os veciños competían para ver quen chegaba antes ao cabo da veiga para lle poder botar a aña. Escoitábase o son metalizado dos croios batendo nos legóns e as voces cantando mentres que un home bailaba o ramo na parte da terra que aínda non estaba labrada, sacando a bailar a aquelas mulleres que a el lle conviña e facendo rabiar a aquelas que non, ben dando unha volta arredor delas ou dándolle co ramo nalgunha parte do corpo; un ramo preparado a conciencia e con detalle con lazos, panos e rosquillas.
Os Rexumeiros: “Alborada e muiñeira”
0 1193 0 Esta foi a primeira vez que Susana Seivane pisou o escenario de Luar, coa banda de gaitas da asociación dePanchos de Jolfrendo “Foliada de Camariñas”
0 845 1 Os Panchos de Jolfendro xurden no ano 2010 para manter a tradición da música popular nos portos mariñeiros da CostaFortín da Pomba: “Jota e muiñeira de Acivo”
0 724 1 Fortín da Pomba é unha asociación de baile xuvenil integrada na súa maioría por nenos, nenas e mozos de BandeiraNon hai comentarios
