Asociación Fogo Fatuo: “Voda rianxeira”
Fragmento da obra de teatro “Hoxe hai regueifa”. Para facer esta escea, investigaron sobre unha voda real celebrada en 1908 na vila de Rianxo. O enlace tivo lugar entre dúas persoas ben coñecidas na contorna: don Farruco Saavedra, de oficio gaiteiro, con dona Balbina Lorenzo, a única filla do influínte don Pedro. Naquel entón, este acontecemento tivo unha gran repercusión social. Seica dona Balbina, persoa que atesouraba unha gran riqueza, tiña dificultades para atopar parella, ata que apareceu don Farruco e, coas súas artes de gaiteiro, logrou conquistala. Celebrouse entón a sonada regueifa que aínda se recorda.
A jota que bailan, “Bicos do Mar”, é unha cantiga feita polos autores da Rianxeira: Xesús Frieiro Dourado (“Pinciñas”) e Anxo Romero Loxo. A rumba tamén foi recollida por Fogo Fatuo: “Rumba dos Cortes” do repertorio de “Aires da Nosa Terra” de Asados-Rianxo.
A.C. Osorio Gutiérrez: “Muiñeira de Poulo”
0 746 0 No ano 1985 créase a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. Leva o nome do fundador da vila de Lourenzá, o CondeTrébede: “Irei a Darbo”
0 926 0 A partires de dous cadros de Carlos Sobrino, o grupo Trébede, nacido en 2011 baixo a dirección de Miguel Sotelo, recreou aA.C. Lembranzas da Ría: “Entroido de Darbo”
0 929 1 Antigamente a parroquia canguesa de Darbo formaba parte do “Carnaval” de O Hío. A vestimenta era fundamentalmente branca: as damas íanNon hai comentarios
