Asoc. Cultural Traspés: “Añas de Lordelo”
Antigamente, cando se remataba o traballo nas labradas, as mulleres cantaban na mesma leira onde se acababa de traballar e a xente bailaba. Facíano petando nos sachos cunha pedra. A iso chamábaselle “botar a aña”, sen que ninguén saiba exactamente que significa ou de onde ven esta palabra que parece ter o senso, por outros usos, de “gañar a aña” ou ser os primeiros en rematar un traballo.
Moitas veces, a aña botábase nunha especie de desafío. Tamén era usual que un home trouxera unha póla grande adornada, “o ramo”, e que bailara con el, de bailadora en bailadora, un punto con cada unha. Esta recreación está inspirada nas labradas de Lordelo (Toutón – Mondariz)
A Asociación Traspés naceu en Vigo a finais de 2009.
Aña Añas Etnografía Mondariz Recollida Recreación Toutón Traspés Vigo
A. C. Rosalía de Castro de Padrón: “Muiñeira de Santa Xulia”
0 1916 4 Esta agrupación practica a “folcterapia”, clases abertas de baile e pandeireta para pequenos e adultos, nos que ademáis de aprender compártenseO Fiadeiro: “Xota de Caroi”
0 6243 3 Esta peza foi recollida aos veciños de Caroi (Cotobade) no ano 1995. Un gaiteiro acompañado de sete cantadoras interpretan a jotaLembranzas do pasado: “Maneo e muiñeira de Imende”
0 4890 5 Mercedes Peón presenta aos veciños de Imende, no Concello de Carballo, que van facer unha muiñeira e un maneo, “queNon hai comentarios
