As Rinchonas de Corcubión: “Xota de Corcubión”

Alan Lomax foi un etnomusicólogo estadounidense que percorreu todo o mundo recollendo músicas populares. Nos anos 50 do século XX chegou a Galicia, coa intención de recoller cantigas tradicionais da nosa terra, para o que cargaba cunha pesada gravadora.

No ano 1952 chegou a Corcubión, onde contactou cunhas mulleres, as Xaviñanas.  As irmás Lela, Maruja e Juana Lema Santos (xa falecidas)  recibiron na casa a aquel home do que sempre destacaron que era moi educado, e que lles gravou varias cantigas. Unha delas é esta “Xota de Corcubión”, que As Rinchonas reproducen co mesmo ton que na gravación e coas mesmas voces (altos e baixos).

Estas cantareiras pertencen á Universidade Popular de Corcubión e xuntáronse en 2010 co nome “Pandereteiras Millo Verde”. Cambiaron o nome para facerlle homenaxe ás Saviñanas, que durante as actuación tiñan como berro de guerra “Hei, rinchonas!”

 

Videos similares

Veciños de Bardaos: “Barbeiros”

0 2956 19 Unha Mercedes Peón disfrazada de paiasa presenta a dous veciños de Bardaos, Tordoia. Peón explica que van facer “unha entroidada

Dani Ríos e Enrique Ramil: “Salvar o mundo”

0 1854 1 Dani Ríos e Enrique Ramil colaboran para facer a versión en galego deste tema de Michael Jackson. No final da

Agrupación Cultural Traspés “Romaría en Son”

0 1538 1 Traspés foi fundada por un grupo de amigos a finais do ano 2009 en Vigo. O obxectivo desta agrupación é o

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*