Archy J aka The Snake Charmer: “Dubstruck”
Archy Jay é a primeira gaiteira profesional hindú. Era unha coñecida vocalista e guitarrista na India antes de que a gaita a cautivase. Pronto descubríu a sonoridade dese instrumento e a súa versatilidade, e en 2012 decidiu centrarse nese instrumento. Tal foi a súa determinación por aprender que decidíu poñerse en contacto vía e-mail con gaiteiros veteráns en busca de axuda. Finalmente, un estadounidense, Sean Folson, respondeu á súa solicitude e converteuse no seu guía. Ademais, estivo no National Piping Center de Escocia, nun obradoiro exprés de formación.
Chamouse a sí mesma “The snake charmer” para manifestar as súas raíces indíxenas. Os estranxeiros a miúdo pensan que a India é unha terra chea de encantadores de serpes. Xa postos, decidíu que lles ía mostrar como é que os hindúes poden facer o encanto.
O tipo de gaita que toca é unha semielectrónica chamada Redpipes.
Abraham Mateo: “When you love somebody”
0 2891 1 O ídolo gaditano actuou por terceira vez no programa en xullo de 2016Rafael Basurto, la voz de Los Panchos: “Si tú me dices ven”
0 1434 0 Rafael Basurto ofrécenos o mítico boleiro “Si tú me dices ven”. Esta afamada canción é en realidade un poema deBombai: “Sólo si es contigo”
0 1285 2 O grupo valenciano formado por Javi Fernández, Vicente Cervera e Ramón García chegou ao número un no verán de 2017 conNon hai comentarios
