Airiños da Freba: “O estraperlista”
Esta peza pertence a “O’ de Lacón”, o primeiro disco deste grupo lugués.
Para eles, a palabra “freba”, en contraposición á normativa “febra”, identificaos coa provincia de Lugo. E, cando se aplica ás persoas, fano como sinónimo de coraxe, bravura e valentía. E á xente comprometida coa nosa música e cultura tradicional considéranna xente frebuda.
A proposta de Airiños da Freba é unha divertida viaxe musical pola provincia de Lugo, principalmente polos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando cuartetos, quintetos e sextetos, diversos conxuntos que xa incorporaban outros instrumentos de vento xunto coa gaita, amenizaban as nosas festas.
Cristina Pato: “Mundos Celtas”
0 1622 1 A nosa gaiteira máis internacional e o acordeonista Roberto Comesaña. Non precisan máis para soar así de espectaculares.Cántigas da Terra: “Mariñeiro de Caión”
0 2832 1 Un dos coros galegos máis senlleiros: formouse na Coruña o 28 de decembro de 1916 e debutou ante o públicoMugardos “Veña a paz”
0 2376 1 Xavier Mugardos é un compositor e cantautor galego influenciado pola música de aquí pero tamén pola música de América doNon hai comentarios
