A. F. A Pastoriza: “Xota e pirusalda da Pastoriza”
Esta agrupación da Pastoriza baila unha xota valseada típica da zona que se caracteriza polo punto e volta.
A Pirusalda foi recollida aos veciños da Bretoña, localidade deste concello, sobre os anos 90. Trátase dun ritmo moi atípico en Galicia. Existen melodías, moi poucas, noutros lugares. Pero o baile só se conserva nesta zona. Precisamente a Pastoriza caracterízase por conservar ritmos curiosos e pouco comúns como a propia Pirusalda ou Mazurcas.
A Pirusalda é un ritmo que está emparentado co Xiringüelu asturiano e co Arin-Arin do País Vasco.
A.C. Lembranzas da Ría: “Entroido de Darbo”
0 1436 2 Antigamente a parroquia canguesa de Darbo formaba parte do “Carnaval” de O Hío. A vestimenta era fundamentalmente branca: as damas íanGrupo de música e bailes tradicionais Xacarandaina: “Ribeirana de Laxe”
0 9898 24 Unha das primeiras actuacións en Luar dunha das grandes agrupacións galegas: os coruñeses Xacarandaina: “Muiñeira vella ou Ribeirana de Laxe”.Colexiata de Sar: “Chula de Pontevedra”
0 1417 0 A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar fundouse no ano 1980 no barrio de Sar, en Santiago de Compostela. Os puntos doNon hai comentarios
