A.C. Lembranzas da Ría: “Entroido de Darbo”

Gústame este video 0 246
9 Febreiro, 2018

Antigamente a parroquia canguesa de Darbo formaba parte do “Carnaval” de O Hío. A vestimenta era fundamentalmente branca: as damas ían con refaixos e camisas de cor branca, un mandil de veludo negro adornado con pedrería se podía ser, un mantón de seda sobre os ombreiros e un sombreiro de palla adornado con flores e fitas de cores. Os Galáns ían vestidos cun pantalón e unha camisa de cor branca, un mantón de cachemir cruzado, unha cinta de raso ou seda na cintura e un sombreiro negro adornado con plumas e fitas de cores. O martes as Damas cambiaban o refaixo por unha saia estampada, e os Galáns cambiaban o pantalón branco por un negro, e as veces cruzaban outro mantón a maiores do cachemir que soía ser unha touca de neno.

Os Grupos de Gaiteiros que tocaron no Carnaval de Darbo foron, entroutros, os Peruchos de Castrelos, Os tranquilos de San Juan do Monte de Lavadores e os Parrulos de Cabral , todos eles de Vigo. Ainda que tamén tocaban polo carnaval de Darbo os Airiños do Castelo de San Pedro .

A Asociación Lembranzas da Ría xa fixera unha recompilación destas danzas no ano 1984-1985, cando se fundou, baixo a dirección de Xosé Menduíña Bastón. Sería Menduíña xunto con outros bailadores do grupo os que aprenderon estes bailes da man da informante Albertína Rial Fernández. Estes bailes pasarían a formar parte do repertorio do grupo durante moitos anos, non como bailes de entroido, se non como bailes de solto. Grazas ós datos recompilados durante estes anos con fotos e testemuñas de veciños de Darbo conseguiron recuperar unha pequena parte do Entroido tradicional de Darbo, esquecido durante case 50 anos.

Videos similares

Trébede: “Irei a Darbo”

0 543 0 A partires de dous cadros de Carlos Sobrino, o grupo Trébede, nacido en 2011 baixo a dirección de Miguel Sotelo, recreou a

Lembranzas da Ría: “Regueifa”

0 906 2 Lembranzas da Ría é a agrupación máis veterana de Cangas. Formouse en 1984, baixo a dirección de Xosé Menduíña Bastón. Dende entón

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios!

Aínda non hai comentarios!

Pero pode ser o primeiro en escribir un

Escribe un comentario

Os datos gardaranse!

O seu enderezo electrónico non se publicará. Así mesmo, os seus datos non se compartirán con terceiras persoas.
Os campos requeridos están marcados*